Sobre Nosotros
NOSA EMPRESA
Somos unha empresa situada no centro de Galicia. Avalannos máis de 20 anos de experiencia especializados na fabricación en complementos de moda. Facemos cinturóns en todos os estilos e cores, os cales son o complemento perfecto para calqueira prenda. Tamén fabricamos medidas extralondas, xa que cubrimos todas as tallas. Fanse asas ou correas en calqueira ancho ou longo; consúltanos para máis información ao respeto.
Tamén realizamos chaveiros orixinais coa calidade que nos caracteriza e con diseños propios, creando así pezas únicas.
O PROCESO ARTESANAL
Utilizamos peles vacunas de primeira en curtido vexetal seleccionadas, curtidas e tratadas con productos biodegradables de orixe nacional, conseguindo desta maneira que, no resultado final, podamos falar dun articulo con sello artesano avalado pola consellería de innovación e industria da Xunta de Galicia con carta de artesano número 687 na actividade de Marroquinería.
A nosa firma, aparte de ofrecer productos de alta calidade, presta especial atención aos acabados, facendo que cada cinturón sexa personalizado.
Dispoñemos dunha amplia gama de hebillas e chapas en cores versátiles, ofrecendo combinacións únicas.
UNHA FIRMA GALLEGA
Toda unha vida en Galicia inspirounos a proxectar as nosas raíces no proceso artesano. Esta preciosa rexión e a sua cultura é a esencia de todas as nosas creacións.
Entre outros dos seus moitos encantos, en Galicia estanse recuperando as antigas técnicas artesanais para darlles ás creacións un enfoque exclusivo galego. É así que a nosa terra é moi rica en artesanía e productos de calidade, con modernas e orixinais pezas únicas, sin ser dunha forma masiva que limitaría a nosa peculiar forma de expresarnos.
Por isto todo, este entorno lévanos a fixar os nosos trabajos con valores de autenticidade, compromiso, creatividade, sensibilidade e traballo en equipo; marcándonos o camiño que queremos seguir con honestidade, ilusión e responsabilidade.
⚲ Artesania En Cuero Patiño
San Cibrao, 15800, Melide, A Coruña, Galicia
O CAMIÑO DE SANTIAGO
O Camiño de Santiago é o conxunto de rutas de peregrinación máis antigua e concurrida de Europa, a cal ten o propósito de alcanzar a catedral de Santiago de Compostela.
Cada ano, non solo o realizan persoas de toda España, senón tamén de Italia, Alemaña, Estados Unidos, Portugal, Francia, Brasil, Reino Unido ou Irlanda, entre moitos outros países.
A nosa firma, situada na rexión donde se encontra a destinación da peregrinación, ofrece diversos artículos inspirados no Camiño para aqueles que viviran esta marabillosa experiencia ou para calqueira simplemente interesado nesta parte da nosa cultura.
Podes encontrar os nosos productos do Camiño de Santiago en tendas especializadas ao longo do Camiño.
COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE
No noso proceso de fabricación, usamos productos biodegradables. Utilizamos pel vacuna natural de orixe nacional, curtida e tratada con productos biodegradables, de acordo coas normas medio ambientais, para non dañar o medio natural, garantizando así a calidade para conseguir un producto único.
No proceso de curtición non se utilizan técnicas agresivas, senón procesos naturais, empleando o ritmo necesario que pide cada pel. Este tipo de curtición proporciona unhas características inmellorables (naturalidade, suavidade, impermeabilidade e transpirabilidade), e é completamente respetuosa co medio ambiente.